Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Anuncio co resultado final do proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos de inserción laboral para o programa "InserAmes Brión XI"

[21-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a resolución pola que se aproba o anuncio co resultado final do proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos de inserción laboral para o programa "InserAmes Brión XI". Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita resolución.

Plantilla coas respostas do exame tipo test realizado no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos

[20-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a plantilla coas respostas do exame tipo test realizado no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita plantilla.

Anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos de inserción laboral para o programa "InserAmes Brión XI"

[17-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a resolución pola que se aproba o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos de inserción laboral para o programa "InserAmes Brión XI". O exame da fase de oposición terá lugar o vindeiro 19 de decembro de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita resolución.

Lista definitiva de admitidos/excluídos do proceso selectivo para a selección de contratación de dous técnicos de inserción/prospección de empresas para o programa INSERAMES-BRIÓN XI

[13-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a resolución pola que se aproba a lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de dous técnicos de inserción/prospección de empresas para o programa "InserAmes-Brión XI". Fíxase a data de constitución do Tribunal e de baremación para o vindeiro 17 de decembro de 2018. O exame da fase de oposición terá lugar o vindeiro 19 de decembro de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita resolución.

Anuncio co resultado da proba de galego do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativo e a data fixada para o exame de oposición

[11-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da proba de galego do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativo do Concello de Ames, e a data fixada para a realización do exame de oposición deste proceso, que se realizará o vindeiro 19 de decembro de 2018, ás 16.45 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito resultado.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925