Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Convocatoria do proceso selectivo para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha técnico de educación

[16-05-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha técnico de educación, pertencente a escala de administración xeral, subescala técnica, clase superior, subgrupo A1. O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xuño de 2019. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, os modelos de declaración xurada e mailo impreso de solicitude.

Lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de linguaxe musical da Escola municipal de música de Ames

[13-05-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto de aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de linguaxe musical da escola municipal de música do Concello de Ames. Fíxase a data de constitución do Tribunal e a fase de baremación para o 14 de maio de 2019. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto.

Lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de piano para a Escola municipal de música de Ames

[13-05-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto de aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de piano para a Escola municipal de música do Concello de Ames. Fíxase a data de constitución do Tribunal e a fase de baremación para o 14 de maio de 2019. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto.

Resultado final do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun enxeñeiro técnico forestal e un capataz para a Brigada de prevención de lumes forestais no Concello de Ames

[13-05-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado final do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun enxeñeiro técnico forestal e un capataz para a brigada de prevención de lumes forestais do Concello de Ames a través do programa de fomento do emprego do medio rural, APROL RURAL, da Consellería de Economía, Emprego e Industria correspondente ao expediente TR351G2019/000064-1-1. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter ditos anuncios.

Bases para a selección e contratación temporal do persoal da Brigada para a prevención de lumes forestais no concello de Ames (Aprol Rural)

[30-04-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto de aprobación das bases para a selección e contratación temporal do persoal da “Brigada para a prevención de lumes forestais no concello de Ames (Aprol Rural)” da Consellería de Economía, Emprego e Industria correspondente ao expediente TR351G2019/000064-1. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter ditas bases.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925