Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Abre o prazo para solicitar as axudas para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social levadas a cabo por entidades de iniciativa social

[23-11-2018] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social levadas a cabo por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro durante o exercicio de 2018. A contía destinada a esta convocatoria ascende aos 40.531,73 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 7.500 euros por proxecto de actuación, cun máximo de tres proxectos por entidade. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, a contar desde o día seguinte da publicación destas bases no BOP, publicadas o 23 de novembro, no caso de terminar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.

Abre o prazo para solicitar as axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polos clubs e asociacións deportivas de Ames

[15-11-2018] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2018 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 75.000 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 9.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o martes, 13 de novembro. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.

Abre o prazo para participar nas convocatorias de axudas para a promoción de festas populares e de actividades levadas a cabo por asociacións culturais

[25-10-2018] A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 18 de outubro as convocatorias de axudas para a promoción de festas populares e de actividades levadas a cabo por asociacións culturais (exercicio 2018). Hoxe, 25 de outubro, ditas bases saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 26 de outubro ao 26 de novembro. As solicitudes, xunto co resto da documentación, presentarase no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames, o na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal/es/). Igualmente poderá presentarse no Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC), ao que se pode acceder desde o enlace dispoñible na sede electrónica do Concello de Ames.

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2018-2019)

[17-10-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2018-2019). O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 18 de outubro ao 16 de novembro. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 8.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo no enlace que está á dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

Convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas do municipio (exercicio 2018)

[13-09-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, informa de que este xoves, 13 de setembro, saíu publicada, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), a convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros, sendo de 1.200€ o máximo do importe individual concedido a cada unidade familiar. Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan para a crianza das súas fillas e fillos. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral, de xeito presencial, ou a través da Sede electrónica, no prazo dun mes. Para obter máis información pódese chamar aos números de teléfono 981 535 941 e 981 890 964.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925