Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais

[16-10-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito documento.

Listaxe das puntuacións definitivas no proceso selectivo de mestres para o obradoiro dual de emprego “Creas”

[16-10-2018] O Concello de Ames publica a listaxe das puntuacións definitivas no proceso selectivo do persoal (mestres) do obradoiro dual de emprego “Creas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Concellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Está promovido polo Concello de Santiago de Compostela e conveniado co Concello de Ames.

Resolución pola que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais do Concello de Ames

[15-10-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a resolución da Alcaldía número 2204/2018, pola que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito documento.

Listaxe cos resultados provisionais da selección do alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Creas”

[11-10-2018] O Concello de Ames publica a listaxe cos resultados provisionais da selección do alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Creas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Concellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Está promovido polo Concello de Santiago de Compostela e conveniado co Concello de Ames.

Anuncio coa proposta de resolución do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais do Concello de Ames

[10-10-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa proposta de resolución do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito documento.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925