Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Resolución pola que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de guitarra para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames

[09-04-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a resolución da Alcaldía número 993/2019, pola que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de mestre/a de guitarra para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito documento.

Resolución pola que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de violín para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames

[09-04-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a resolución da Alcaldía número 994/2019, pola que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de mestre/a de violín para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito documento.

Bases da décimo primeira edición do Certame Artístico-Literario Intercentros

[04-04-2019] O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a décimo primeira edición do Certame Artístico-Literario Intercentros. Na convocatoria poderán participar as nenas e nenos dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria escolarizados en centros amesáns. Os traballos, relatos ou poemas ilustrados poderán presentarse de xeito individual ou por parellas ata o 3 de maio, e deberan tratar sobre como lles gustaría aos rapaces e rapazas que fose Galicia no ano 2050. Os premios entregaranse, coincidindo co acto de celebración do Día das Letras Galegas, o 16 de maio no Milladoiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do certame.

Convocatoria de subvencións para a promoción do comercio local correspondentes aos exercicios 2017 e 2018

[29-03-2019] O Concello de Ames aprobou as bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio local correspondentes aos exercicios 2017 e 2018. O importe total das axudas acada os 40.000 euros. As bases foron aprobadas en Xunta de Goberno Local e hoxe, venres 29 de marzo, saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais mes dende mañá sábado 30 de marzo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria de axudas.

Anuncio co resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres de violín da Escola municipal de música de Ames

[29-03-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres de violín da Escola municipal de música do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925