Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Convocatorias Listaxe das...


Listaxe das puntuacións definitivas no proceso selectivo de mestres para o obradoiro dual de emprego “Creas”

O Concello de Ames publica a listaxe das puntuacións definitivas no proceso selectivo do persoal (mestres) do obradoiro dual de emprego “Creas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Concellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Está promovido polo Concello de Santiago de Compostela e conveniado co Concello de Ames.

A través deste obradoiro, que terá unha duración de 9 meses, impartirase formación a 20 alumnos/as-traballadores/as (6 de Ames e 14 de Santiago) na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, pavimentos e albanelería de urbanización. Para a impartición de dito obradoiro haberá que contar tamén co persoal directivo, docente e de apoio. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita listaxe.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925