Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Listaxe coas...


Listaxe coas puntuacións provisionais da fase de entrevista no proceso selectivo do obradoiro dual de emprego “Creas”

O Concello de Ames publica a listaxe coas puntuacións do alumnado que pasou á fase de entrevista no proceso selectivo do obradoiro dual de emprego “Creas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Concellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Está promovido polo Concello de Santiago de Compostela e conveniado co Concello de Ames.

A través deste obradoiro, que terá unha duración de 9 meses, impartirase formación a 20 alumnos/as-traballadores/as (6 de Ames e 14 de Santiago) na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, pavimentos e albanelería de urbanización. Para a impartición de dito obradoiro haberá que contar tamén co persoal directivo, docente e de apoio. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter ditas listaxes.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925