Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Abre o prazo para...


Abre o prazo para participar na convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS (exercicio 2016)

Publicadas no BOP as bases das axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos do Concello de Ames. O prazo para a presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (o venres 21 de xullo de 2017). As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados correspondentes, que poden obterse nas dependencias do departamento de Educación. En caso de solicitar achegas para varias actividades, deberá encherse un modelo de solicitude para cada unha delas.

Entre os obxectivos principais desta convocatoria de axudas sobresae o enriquecemento da formación da poboación escolar do Concello de Ames, a través de actividades complementarias á formación regrada que reciben nos centros educativos, así como o fomento da convivencia do alumando fóra do ámbito puramente académico. Ademais, tamén se busca propiciar unha mellora do rendemento por parte da poboación escolar.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925