Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 29 de marzo 2019

Elefante Elegante representa Parapatum en Bertamiráns

O 29 de marzo, Elefante Elegante trae á Casa da Cultura de Bertamiráns a peza infantil Patapatum, unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos. Así, esta peza propón unha reflexión sobre aquelas nais e pais que, cun relativo poder económico, ofrécenlle moreas de xoguetes aos seus cativos/as e estímulos permanentes para evitar o aburrimento e conseguir a súa felicidade. Sen embargo, a peza tentará mostrar que o aburrimento non sempre é negativo, xa que pode ser impulsar a creatividade das crianzas, e que os bens materiais non teñen a capacidade para resarcir a falta de tempo que os proxenitores poden adicarlle aos seus fillos.

X Seminario Obradoiro Internacional de Avaliaión de Materiais

A robótica educativa será a protagonista da décima edición do Seminario Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos, que se celebra no Pazo da Peregrina (venres) e na Casa da Cultura de Bertamiráns (sábado) os días 29 e 30 de marzo. Nestas xornadas abordarase que facer cos robots nas escolas e nos fogares. A entrada é de balde previa inscrición, e está aberto a todo o público.

<< 2019 >>
<< marzo >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
2


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925