Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 22 de marzo 2019

Anatomía dunha serea chega ao Milladoiro

O 22 de marzo, ás 21.00h, chega a representación de Anatomía dunha serea, do grupo Chévere, á Casa da Cultura do Milladoiro. Esta peza autobiográfica, contada pola súa protagonista, Iria Pinheiro, é unha denuncia da violencia obstétrica que sufriu a actriz durante o parto do seu primeiro fillo, contado de xeito directo, aberto e autocrítico.

Foliada con Apego, con Pablo Díaz e Olga Kirk

Un encontro dirixido a familias con cativas e cativos, durante o que poderán coñecerse, compartir, cantar, bailar e ir aprendendo unha chea de cantos. Durante esta foliada, que se celebrará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, contarase cos artistas Pablo Díaz e Olga Kirk.

O Grupo de Teatro da Maía representa O Fidalgo en Bertamiráns

A obra de teatro en verso O Fidalgo, escrita por Xesús San Luís Romero, chega a Ames da man do Grupo de Teatro da Maía. A peza, estreada en 1918 en Santiago, xira en torno á figura dun cacique e a loita que emprenden os labradores da zona de Bergantiños contra os foros impostos por esta figura déspota. A representación terá lugar o venres, 22 de marzo, ás 21.00h na Casa da Cultura de Bertamiráns.

<< 2019 >>
<< marzo >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
2


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925