Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: venres 15 de febreiro 2019

Teatro musical: O Mago de Oz

O Mago de Oz representase este venres 15, ás 18.00h. Evento Producións Musicais leva ás táboas da Casa da Cultura do Milladoiro este clásico musical que nos presenta a Dorothy, unha nena que non cree na maxia ata que un día, un tornado a transporta ao mundo máxico de Oz. Así, pouco a pouco, farase amiga de Espantallo, Homelata e León, ao tempo que tentará atopar ao Mago de Oz e, desa maneira, regresar a casa. Durante 65 minutos, o público familiar poderá gozar de cancións, bailes, aventuras e moita diversión.

Concerto de presentación do novo traballo de Susana Seivane

Bertamiráns acolle o vindeiro venres, 15 de febreiro, o concerto de presentación de ‘FA’, o novo traballo da gaiteira Susana Seivane. Durante o evento, que terá lugar na Casa da Cultura a partir das 21.00h, a artista fará un percorrido polos temas do seu novo álbum, doce pezas adicadas aos seus fillos a través das que descobre ante o público os sentimentos que despertan nela a maternidade e a vida familiar. As entradas poden adquirirse na páxina Eventbrite.

<< 2019 >>
<< febreiro >>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
16
17
18
19
20
21
25
26
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925