Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda


Axenda: sábado 6 de febreiro 2016

Exposición "Influír no global desde o local"

As imaxes poderanse visitar entre o 25 de xaneiro e o 12 de febreiro na Casa da Cultura de Milladoiro e máis adiante, a partir do 22 de febreiro e até o 11 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A exposición foi promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A mostra "Influír no Global desde o Local" está composta por un conxunto de 12 paneis fotográficos cuxa temática xira en torno aos desequilibrios nas relacións Norte e Sur, así como ao papel dos concellos no desenvolvemento.

Concurso de disfraces de Entroido

O luns 8 de febreiro terá lugar no Milladoiro o tradicional Concurso de Disfraces das festas do Entroido. O concurso de disfraces celebrarase no aparcadoiro da Travesía do Porto, no Milladoiro, e comezará ás 17:00 horas. Os e as concursantes poderán participar nunha das catro categorías: infantil, adultos, grupos e charangas. Un xurado, composto por tres membros, escollerá os tres mellores disfraces de cada unha das categorías participantes. Ademais dos doce premios das categorías que concursan o xurado concederá un premio especial ao mellor disfraz reciclado e outro premio especial á mellor copla interpretada por un grupo ou unha charanga.

Nas categorías infantil e adulto poderase participar de forma individual ou en parellas, os participantes deberán 12 anos ou menos na categoría infantil e máis de 12 anos na de adultos. Os grupos deberán estar formados por entre 3 e 9 persoas de calqueira idade e as comparsas por 10 ou máis persoas de calqueira idade.

As inscricións realizaranse na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas, a través do teléfono 981535940 ou enviando un correo á dirección cultura.milladoiro@concellodeames.gal. A data límite das inscricións é o propio luns 8 de febreiro, día do concurso, ás 11:00 horas. Os datos a aportar son: o título do disfrace, o nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, o DNI, un teléfono de contacto, a categoría na que se participa e o número de participantes. Os menores de idade deberán ser inscritos polo seu responsable legal. No caso dos grupos, a inscrición deberá ser asinada por 2 persoas maiores de idade; 4 no caso das comparsas, sempre que non pertenzan a asociacións legalemente constituídas. Os representantes deberán respaldados polos demais membros concursantes e autorizados para recoller o premio.

O concurso de disfraces comezará ás 18:00 horas e os concursantes desfilarán acompañados da música dunha charanga.

Obradoiros de cociña de entroido

AAsociación de Mulleres de Ortoño, xunto coa a Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, organizarán dous obradoiros interxeneracionais de cociña de Entroido este mes de febreiro. Neles aprenderanlle a pequenos e maiores como preparar orellas e filloas.

O primeiro obradoiro terá lugar o venres 5 de febreiro ás 19:00 horas no Local Social de Augapesada. O segundo obradoiro organízase o venres 12 de febreiro, a partir das 18:00 horas, no Local Social de Bugallido.

Cada obradoiro dispón dun máximo de 15 prazas, que os interesados e interesadas poderán reservar chamando ao número 981535840.

I Festa da Filloa de Ortoño

O sábado 13, a segunda fin de semana de febreiro os veciños da parroquia de Ortoño convidan aos amesáns e amesás a participar na I Festa da Fillloa de Ortoño, que congregará aos amantes deste doce tradicional de entroido a partir das 17:00 horas no Campo da Festa de Ortoño.

<< 2016 >>
<< febreiro >>
L
M
Me
X
V
S
D
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 
 
 


Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925