Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Cursos preparatorios das probas Celga 1, 2, 3 e 4

[19-02-2019] A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos preparatorios das probas Celga 1, 2, 3 e 4, nas modalidades presencial (niveis 2, 3 e 4) e de teleformación (niveis 1, 3 e 4). Os cursos terán lugar nos meses de abril e maio. O prazo de inscrición e de 20 días naturais a partir de mañá 20 de febreiro de 2019.

Información sobre o cobro dos programas de conciliación do mes de xaneiro

[13-02-2019] Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas, que o cobro do mes de xaneiro de 2019 realizarase o día 25 de febreiro de 2019. Ademais, infórmase que o cobro do recibo dos programas de psicomotricidade e Nadal Lúdico farase o día 26 de febreiro de 2019.

Inscríbete e participa no obradoiro de procesador de textos para nenos/as

[11-02-2019] A Aula de Informática do Milladoiro ten aberto o prazo para anotarse nos cursos que ofrece para os primeiros meses do ano 2019. Para este mes de febreiro está previsto a realización dun curso sobre o procesador de textos Writer pensado para nenos e nenas de 9 a 12 anos. Este obradoiro, de seis horas de duración, impartirase do 25 ao 28 de febreiro, en horario de 18:00h a 19:30 horas. O número de prazas por quenda é de 10. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a solicitude de inscrición para este obradoiro.

Ficha de inscrición para as actividades da programación da Aula da Natureza

[08-02-2019] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a ficha de inscrición para participar en calquera das actividades da programación da Aula da Natureza.

Aberto o prazo de inscrición para a Festa de Entroido de Ames, que se celebrará o 4 de marzo en Bertamiráns

[06-02-2019] O luns, 4 de marzo, o Concello de Ames celebra a oitava edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizarase, a partir das 17:00 horas, no aparcamento da Telleira, que está situado en Bertamiráns. O prazo de inscrición para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do propio día da Festa de Entroido. No concurso de disfraces repartiranse 3.800 euros, que estarán repartidos nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Ademais, haberá dous premios especiais dotados con 125 euros aos mellores disfraces realizados con material de reciclaxe. O xurado valorará os disfraces conforme á creatividade, caracterización e orixinalidade. O grupo de música, Brassica Rapa, creado a finais de 2017, e mailo grupo fundado en Ribeira en 2002, A Compañía do Ruído, porán música a esta festa.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925