Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Inicio de expediente de investigación patrimonial respecto dun rueiro en Outeiro (Bugallido)

[14-01-2019] A través do decreto de Alcaldía, número 24/2019, de 7 de xaneiro, resolveuse iniciar o expediente administrativo de investigación patrimonial do seguinte ben que se presume de propiedade municipal co fin de determinar a súa titularidade: Rueiro sito en Outeiro, Bugallido, lindante coas parcelas con referencia catastral 1247926NH3414N0001ZT, 1247927NH3414N0001UT, 1247928NH3414N0001HT, 1247929NH3414N0001WT.

O luns, 14 de xaneiro, realizase no Salón de Plenos ás 12.00h o sorteo público das prazas para participar na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña na estación de Manzaneda

[11-01-2019] O Concello de Ames participa, un ano máis, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro. Dirixida a rapazas e rapaces de 11 a 15 anos, ambos incluídos, a campaña inclúe a realización de cursos de esquí. As mozas e mozos amesáns participarán deste programa entre 25 e o 28 de xaneiro. A data de inscrición rematou o pasado 10 de xaneiro e, como o número de inscritos supera o das prazas dispoñibles, este luns, 14 de xaneiro, realizarase o sorteo público das prazas no Salón de Plenos da Casa do Concello a partir das 12.00h.

Ainda estás a tempo de inscribirte na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña na estación de Manzaneda

[02-01-2019] O Concello de Ames participa, un ano máis, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro. Dirixida a rapazas e rapaces de 11 a 15 anos, ambos incluídos, a campaña inclúe a realización de cursos de esquí. As mozas e mozos amesáns participarán deste programa entre 25 e o 28 de xaneiro. As inscricións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00h a 14:00 horas, ata o vindeiro 10 de xaneiro. O custo desta actividade, que conta con 12 prazas dispoñibles, é de 85 euros. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un folleto informativo da campaña no que está incluído o impreso de inscrición.

Os días 31 de decembro e 4 de xaneiro as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín en Ames estarán pechadas

[28-12-2018] O Concello de Ames informa de que a empresa Espina & Delfín vén de emitir un aviso no que se comunica que os días 31 de decembro e 4 de xaneiro estarán pechadas as oficinas que ten esta entidade nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódese chamar ao número de teléfono de atención permanente 673 830 393.

Menús dos almorzos e do xantar do Nadal Lúdico 2018

[21-12-2018] Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús dos almorzos e do xantar que se servirán no Nadal Lúdico. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. Os menús están elaborados pola nutricionista municipal.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925