Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Últimos días para participar na sexta edición do Certame Literario Concello de Ames

[08-04-2019] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a décimo sexta edición do Certame Literario de narrativa e poesía que se convoca de forma anual. As persoas que desexen participar poderán enviar os seus textos ata o xoves 11 de abril. Poderá concorrer a este certame calquera persoa que presente textos inéditos de temática libre escritos en lingua galega. En cada modalidade do certame, que se divide en narrativa e poesía, establécense tres categorías e, en cada categoría, tres premios. Repartiranse preto de 3.000 euros. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do certame literario e a ficha de participación.

O programa “Vives Emprende Ames” imparte dous novos obradoiros esta semana

[08-04-2019] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, e a organización Acción contra a Fame, colaboran na posta en marcha do programa Vives Emprende, correspondente ao primeiro semestre deste ano, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres. As actividades de dito programa proseguen a próxima semana coa realización de dous novos talleres, que xirarán arredor dos estudos de mercado e clientela así como do plan de marketing e a estratexia para fixar prezos. Este nova edición do programa está formada por 7 talleres, dos que quedan por impartir cinco obradoiros no que resta de abril.

Aprobación inicial da segunda modificación do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Ames

[08-04-2019] No pleno do 28 de marzo de 2019 prestouse aprobación inicial á segunda modificación do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Ames. En cumprimento do acordo plenario do 28 de marzo de 2019, dito acordo de aprobación inicial así como o texto modificado sométese a exposición pública por prazo de 30 días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, por prazo de 30 días hábiles, a efectos de exame e alegacións. Para o suposto de non presentarse alegacións, o acordo de aprobación inicial quedará elevado a definitivo de forma automática. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP o 5 de abril de 2019 e mailo texto modificado aprobado en pleno.

O programa SaudeAndo organiza unha nova andaina saudable este xoves, 4 de abril, no Milladoiro

[03-04-2019] Este xoves, 4 de abril, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro a partir das 17.30 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.

A Aula de Informática do Milladoiro abre o prazo para inscribirse nos cursos dos vindeiros meses

[03-04-2019] A Aula de Informática do Milladoiro xa ten aberto o prazo de inscrición para anotarse nos cursos que se impartirán nas súas instalacións os meses de abril, maio, xuño e xullo. A oferta está formada por un obradoiro de elaboración de documentos con LibreOffice Writer, que terá lugar en abril; unhas xornadas de Internet para usuarios con nivel medio, que se desenvolverán en maio; e dous cursos de mecanografía para os meses de xuño e xullo. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a solicitude de inscrición para algún dos diferentes obradoiros, que son gratuítos.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925