Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Inscríbete e participa no obradoiro "Un conto de Nadal: elaboración de presentacións con Impress" que organiza a Aula de informática do Milladoiro

[04-12-2018] A Aula de Informática do Milladoiro informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para o obradoiro “Un conto de Nadal: elaboración de presentacións con Impress”, que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 11:00h a 12:30 horas. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 9 a 12 anos. As inscrición poderanse facer en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00h a 20:00 horas, e os venres de 9:30h a 13:30 horas; ou enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal, no que deberá enviarse cuberta e asinada a solicitude de inscrición que se pode obter premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas. Calquera persoa que desexe máis información pode obtela directamente na Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro, enviando un correo ao anterior enderezo ou chamando ao teléfono 981 535 940.

Información pública do Plan Parcial do sector de solo urbanizable “S-07 - VENTURIÑA” do PXOM do Concello de Ames

[03-12-2018] A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión celebrada o día 15 de novembro de 2018, acordou abrir un novo trámite de información pública do Plan Parcial do sector de solo urbanizable “S-07 - VENTURIÑA” do PXOM de Ames”. De conformidade co establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e na sede electrónica/páxina web deste Concello. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a no departamento de urbanismo, situado na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, en horario de 9.00 h a 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren oportunas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os documentos de dito Plan Parcial.

Participa no XIII Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames

[30-11-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comercio e Promoción Económica, volve convocar, un ano máis, o Concurso de Escaparates de Nadal. As persoas que queiran participar deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. Os escaparates deberán permanecer expostos entre o 14 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro de 2019. As solicitudes de inscrición poderán entregarse no rexistro municipal ata o vindeiro 12 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición do XIII Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames.

O venres remata o prazo para presentar as candidaturas para o Premio Lingua e Empresa

[28-11-2018] As empresas con sede social ou centro de actividade no concello de Ames que empreguen o galego na súa actividade empresarial poderán ser recoñecidas co Premio Lingua e Empresa. Optarán a este recoñecemento, impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística e o departamento de Promoción Económica de Ames, todas as empresas que sexan propostas ata o 30 de novembro por calquera persoa, entidade ou a propia empresa. O gañador do premio, dotado de 2.500 euros e unha campaña de difusión na Radio Municipal de Ames, farase público entre o 15 e o 20 de decembro.

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as no Nadal Lúdico 2018

[28-11-2018] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista provisional de solicitudes admitidas no programa Nadal Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista, que tamén pode ser consultada nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925