Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue os días 12 e 13 de febreiro no Milladoiro

[11-02-2019] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este martes, 12 de febreiro, e mailo mércores, 13 de febreiro, ata O Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na rúa Curuxa, no cruce coa avenida de Rosalía de Castro, en horario de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

Menú das escolas infantís municipais do 18 ao 22 de febreiro

[08-02-2019] Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

Ficha de inscrición para as actividades da programación da Aula da Natureza

[08-02-2019] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a ficha de inscrición para participar en calquera das actividades da programación da Aula da Natureza.

Aberto o prazo de inscrición para a Festa de Entroido de Ames, que se celebrará o 4 de marzo en Bertamiráns

[06-02-2019] O luns, 4 de marzo, o Concello de Ames celebra a oitava edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizarase, a partir das 17:00 horas, no aparcamento da Telleira, que está situado en Bertamiráns. O prazo de inscrición para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do propio día da Festa de Entroido. No concurso de disfraces repartiranse 3.800 euros, que estarán repartidos nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Ademais, haberá dous premios especiais dotados con 125 euros aos mellores disfraces realizados con material de reciclaxe. O xurado valorará os disfraces conforme á creatividade, caracterización e orixinalidade. O grupo de música, Brassica Rapa, creado a finais de 2017, e mailo grupo fundado en Ribeira en 2002, A Compañía do Ruído, porán música a esta festa.

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as no Entroido Lúdico 2019

[06-02-2019] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista provisional de solicitudes admitidas no programa Entroido Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista, que tamén pode ser consultada nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925