Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Abre o prazo de inscrición para o Xuño Lúdico entre o 24 de abril e o 5 de maio

[24-04-2017] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación e Cultura, acaba de abrir o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar Xuño Lúdico. Trátase dun servizo destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria que se desenvolverá durante os días 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño, de 7:30 a 16:00 horas, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición e as bases dos programas lúdicos.

Menú da Rede de Comedores Escolares da semana do 24 ao 28 de abril

[22-04-2017] Menú da Rede de Comedores Escolares da semana do 24 ao 28 de abril. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Este menú está feito pola nutricionista municipal.

Menú cos almorzos e merendas que se servirán no Bos días Cole e Tardes divertidas do 24 ao 28 de abril

[22-04-2017] Para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino amienses. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter este menú.

Menús das escolas infantís municipais de Ames do 24 ao 28 de abril

[22-04-2017] Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús que se servirán nas escolas infantís municipais do 24 ao 28 de abril. Estes menús están elaborados pola nutricionista municipal.

Posible avistamento de serpes no paseo fluvial de Bertamiráns

[21-04-2017] Dende a Concellaría de Medio Ambinete informan de que nesta época do ano adoitamos atopar un número importante de serpes no paseo fluvial de Bertamiráns. Despois de consultar co axente territorial da zona pertencente a Consellaría de Medio Ambiente identificáronse como Natrix.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925