Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Programación de Ames Radio na semana do 18 ao 24 de febreiro

[18-02-2019] Ames Radio fai pública a súa programación da semana do 18 ao 24 de febreiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a programación completa.

Xa podes reservar praza para participar na excursión literaria “Viaxando con Rosalía” o vindeiro 23 de febreiro

[15-02-2019] O sábado, 23 de febreiro, realizarase unha excursión poética que incluirá unha visita á Casa de Rosalía na Tarroeira en Ortoño, lugar onde a autora pasou os seus primeiros anos de vida. Alén da parroquia de Ortoño, as persoas participantes tamén visitarán Bastavales, en Brión, onde se atopa a igrexa cuxas campás protagonizaron un dos versos máis soados da autora. Así mesmo, a excursión tamén incluirá unha visita á Casa Museo de Rosalía en Padrón, máis coñecida como "Casa da Matanza". Durante a excursión, a escritora amesá e estudosa da figura de Rosalía de Castro, María López Sández, achegaranos á vida da homenaxeada e á súa obra.

Menú das escolas infantís municipais do 18 ao 22 de febreiro

[15-02-2019] Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

Menú da Rede de comedores escolares (xantar, almorzo e merendas) da semana do 18 ao 22 de febreiro

[15-02-2019] Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino.

Información sobre o cobro dos programas de conciliación do mes de xaneiro

[13-02-2019] Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas, que o cobro do mes de xaneiro de 2019 realizarase o día 25 de febreiro de 2019. Ademais, infórmase que o cobro do recibo dos programas de psicomotricidade e Nadal Lúdico farase o día 26 de febreiro de 2019.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925