Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Información de...


Información de contacto para os avisos ante a presenza de animais abandonados na rúa

[22-02-2013] Corresponde ás administracións locais a recollida de animais abandonados no seu respectivo termo municipal. O Concello de Ames dispón dun servizo de lacería ao que se pode avisar en caso de que se produza a aparición dun animal presuntamente abandonado:

-En días laborais de 07:45 a 15:00 horas, pódese chamar á concellaría de Medio Ambiente, marcando o número de teléfono: 619 82 97 72.

-Calquera outro día e nun horario distinto, pódese avisar á Policía Local chamando ao número de teléfono: 619 767 575.

En caso de que os animais recollidos teñan identificación, antes de levalos ás canceiras situadas en Ribeira ou Abegondo, darase aviso ao propietario para que pase a recollelo, e de ser o caso, deberá aboar os custos ocasionados polo animal.

Unha vez pasado un prazo máximo de 20 días, segundo a lexislación vixente (Lei 1/1993, artigo 11.2) se o animal non é reclamado polo seu dono, e non aparece ningún posible adoptante, será sacrificado.

A labor do concello en caso de atopar un can ou gato é prestar o servizo de recollida destes animais a través da empresa concesionaria do servizo, pero gustaríanos involucrar á cidadanía na procura dunha segunda oportunidade para estes animais.

Se alguén quere adoptar algún deles debe contactar coa canceira chamando ao seguinte número de teléfono: 981 26 30 93. Os horarios de atención ao público son de luns a sábado de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

Para calquera dúbida relacionada con estas cuestións poden chamar á concellaría de Medio Ambiente: 673 739 011.

ANIMAIS NON RECLAMADOS QUE ESTÁN NA CANCEIRA E QUE PODEN SER ADOPTADOS:

Este can foi recollido no lugar de Oca, pertencente á parroquia de Ames, o pasado día 21 de setembro de 2016. Trátase dun can de raza mestiza, tamaño mediano, color marrón e branco, e que ten aproximadamente dous anos de idade. Esta cadela foi recollida tamén no lugar de Oca, pertencente á parroquia de Ames, o pasado día 21 de setembro de 2016. Trátase dunha cadela de raza grifón, tamaño mediano, color branca, marrón e negra, e que ten aproximadamente dous anos de idade. Este can foi atopado por Bertamiráns o 25 de setembro. É un can macho, pequeno, de cor negra e raza mestiza. Carece de chip.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925