Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Inscríbete no...


Inscríbete no curso de primeiros auxilios organizado pola OMIX

[14-05-2019] A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta un novo curso gratuíto de primeiros auxilios, que se impartirá todos os luns, martes e mércores, do 3 ao 25 de xuño. A actividade, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 20.00 a 22.00 horas, está dirixida preferentemente a persoas empadroadas entre os 16 e 35 anos e conta con un número de prazas limitadas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición estará aberto ata o vindeiro 21 de maio. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a ficha de inscrición.

Para realizar a inscrición será necesario enviar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada, ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal ou entregala persoalmente na propia Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto cunha fotocopia do DNI. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de chegada. O prazo de inscrición remata o vindeiro 21 de maio. Para obter máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa OMIX de Ames a través do teléfono 616 083 229 ou do correo electrónico omix@concellodeames.gal.

O curso será de balde para o alumnado admitido, que ao rematar a formación recibirá un diploma acreditativo de ter superado con éxito o curso. Ademais, esta formación é imprescindible para perfís profesionais que desenvolven a súa actividade con todo tipo de colectivos, estendéndose a súa aplicabilidade a diferentes contextos como o lecer e o tempo libre, o sanitario ou o deportivo.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925