Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Ainda estás a...


Ainda estás a tempo de inscribirte na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña na estación de Manzaneda

[02-01-2019] O Concello de Ames participa, un ano máis, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro. Dirixida a rapazas e rapaces de 11 a 15 anos, ambos incluídos, a campaña inclúe a realización de cursos de esquí. As mozas e mozos amesáns participarán deste programa entre 25 e o 28 de xaneiro. As inscricións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00h a 14:00 horas, ata o vindeiro 10 de xaneiro. O custo desta actividade, que conta con 12 prazas dispoñibles, é de 85 euros. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un folleto informativo da campaña no que está incluído o impreso de inscrición.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925