Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Listaxe das prazas...


Listaxe das prazas libres dispoñibles na Escola Municipal de Música de Ames para o curso 2018-2019

[02-10-2018] A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Educación e Cultura, fai pública a listaxe coa relación das prazas libres dispoñibles para o curso 2018/2019, co obxectivo de que quen estea interesado se inscriba nas prazas libres que quedan. Deste xeito, na modalidade de música e movemento, quedan 9 prazas libres para nenos/a nados en 2014, e 6 prazas para os nados en 2012. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata que se cubran as prazas, que se fará por orde de rexistro de entrada.

Os impresos de solicitude poden descargarse na páxina web do Concello de Ames, no espazo “Avisos” ou recollerse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Desde a Escola Municipal de Música de Ames poñeranse en contacto cos alumnos/as que obteñan praza, para que formalicen a matrícula na última semana de setembro. A documentación deberá entregarse no rexistro xeral do Concello de Ames, no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00horas.

Para obter máis información pódese acudir á Casa da Cultura do Milladoiro, de 9:30 a 13:00 horas, chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como os impresos de inscrición, pagamento e domiciliación bancaria.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925