Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Durante os meses de...


Durante os meses de xullo e agosto o Roupeiro municipal non recollerá roupa

[25-06-2018] O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, informa de que durante os meses de xullo e agosto, como vén sendo habitual nos últimos anos, o Roupeiro municipal non recollerá roupa. Durante estes dous meses de verán seguirá funcionando para todas aquelas persoas que precisen roupa ou outro tipo de enseres. A comezos do mes de setembro retomará a súa actividade habitual.

A través deste servizo municipal, que ten as súas instalacións no Centro de usos múltiples de Aldea Nova, faise fronte ás necesidades básicas de roupa e calzado e enseres da vida cotiá, que poden ter as persoas máis necesitadas do concello. O proceso de recollida comeza nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Todas as persoas que o desexen poden achegar ata os centros socioculturais todo tipo de roupa, calzado, toallas, carriños de bebé e outros accesorios para os cativos que estean en bo estado. Todos esta roupa e produtos debe entregarse dentro de caixas ou bolsas pechadas. A entrega deste material hai que facelo de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou de 17:00 a 22:00 horas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925