Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Unha unidade...


Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue esta semana no Milladoiro e Bertamiráns

[10-07-2018] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá esta semana ata O Milladoiro e Bertamiráns. Deste xeito, o martes 10 e o mércores 11 estará na rúa da Curuxa, no cruce con Rosalía de Catro, mentres que o xoves 12 e o venres 13 de xullo estará na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de atención os catro días e en ambas as dúas localidades será de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

As recomendacións e requisitos existentes para as persoas doadoras pódense atopar premendo nas ligazóns do apartado de descargas deste aviso. Ademais, o Centro de Transfusión de Galicia publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.

Segundo indican dende o Centro de Transfusión de Galicia “as persoas que doan sangue son unha parte importante da sanidade. Están presentes nas intervencións cirúrxicas, cando se atende a persoas que sufriron un accidente de tráfico, cando se loita contra o cancro e a leucemia, cando se realiza un transplante de órganos... O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a súa saúde”.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925