[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Relaciónate
Avisos
Abre o prazo para...
[22-05-2018] O Concello de Ames abre este luns, 21 de maio, o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello), en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas. Tamén se pode descargar o impreso premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. O único requisito imprescindible para conseguir este carné é estar empadroado no Concello de Ames.
Ante a próxima apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro, o 15 de xuño, a Concellaría de Deportes abre este luns, 21 de maio, o prazo para facerse co carné de usuario destas instalacións. Para solicitar a tarxeta de usuario é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada orixinal tamaño carné por cada usuario novo ou carné do ano anterior se fose o caso, e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria. Esta última poderá solicitarse de xeito presencial na Casa de Cultura do Milladoiro, na Oficina de Deportes de Bertamiráns, nas oficinas de recadación ou no correo electrónico ames@canaltributos.comAviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames