Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Listas de...


Listas de admitidos/as no proceso de renovación de prazas nos servizos complementarios (Bos días Cole, Tardes divertidas e Comedores escolares)

[16-05-2018] O Concello de Ames informa de que xa se poden consultar as listaxes de admitidos/as nos servizos complementarios de Educación para o curso 2018-2019. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de admitidos/as nos servizos de Bos días Cole, Tardes divertidas e na Rede municipal de comedores escolares. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a. Estas listas tamén se poden consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, na Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

Os usuarios/as teñen que comprobar que estean aceptados, senón fora así teñen que solucionalo no departamento de Educación e regularizar a súa situación. Para que a renovación sexa efectiva os usuarios/as deberán estar ao corrente coas obrigas tributarias. Durante o mes de setembro non se admiten cambios. As persoas que queiran presentar emendas disporán de 10 días hábiles que van dende o 18 ata o 31 de maio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925