Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Os establecementos...


Os establecementos hostaleiros de Ames poderán abrir unha hora máis con motivo das festas do Nadal

[07-12-2017] Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora durante os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro de 2017, así como o 5 e 6 de xaneiro de 2018, con motivo das festas do Nadal debido ás xestións realizadas polo Concello de Ames ante a delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Como vén sendo habitual nos últimos anos o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para poder ampliar unha hora o horario de apertura dos establecementos hostaleiros de Ames durante as festas de Nadal.

Despois de ditas xestións, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Ames durante os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro de 2017, así como o 5 e 6 de xaneiro de 2018, con motivo das festas do Nadal.

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, explica que “como xa vén sendo habitual realizáronse as correspondentes xestións ante a Xunta de Galicia, para a ampliación do horario dos establecementos hostaleiros, xa que a Administración local non ten competencias neste eido”. Isabel González tamén destacou que “cremos necesaria esta ampliación do horario durante as festas do Nadal, porque é un xeito de potenciar o sector hostaleiro”.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925