Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Aberto o prazo e...


Aberto o prazo e inscrición para participar na Escola Municipal de Adultos (clases preparatorias para obter o título da ESO)

[26-10-2017] O curso preparatorio para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para maiores de 18 anos, volve un ano máis á Escola Municipal de Adultos . Para inscribirse ou obter máis información, as persoas interesadas poderán pasar polas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 981 891 476. As aulas, que son impartidas por unha técnica municipal deste departamento, comezarán o vindeiro 6 de novembro e desenvolveranse os luns e os martes, en horario de 9:30h a 13:00 horas. A matrícula do curso, que é gratuíto, está aberta todo o ano, porén recoméndase seguir as aulas desde o seu inicio.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925