Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Novo horario de...


Novo horario de verán dos puntos de asesoramento ao consumidor de Bertamiráns e Milladoiro

[02-08-2017] As oficinas de asesoramento da Unión de Consumidores de Galicia, de Milladoiro e Bertamiráns, terán un horario diferente ao habitual durante o mes de agosto.

Do 7 ao 11 de agosto e do 28 ao 30 do mesmo mes, a oficina de Bertamiráns permanecerá pechada, polo que se atenderá exclusivamente no punto de asesoramento do Milladoiro. Ao longo de agosto, durante as semanas que permanecerá aberta, a oficina de Bertamiráns (Avenida da Peregrina, nº 16 - no propio pazo), atenderá os mércores, de 16:30h a 20:30 horas, e os xoves de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30 horas.

A oficina de Milladoiro, pola súa banda, estará pechada entre o 14 e o 25 de agosto, polo que durante estas dúas semanas a atención estará restrinxida á oficina de Bertamiráns. O punto de asesoramento do Milladoiro (Rúa Viorneira, nº6, baixo) atenderá durante agosto os luns, de 10:00h a 14:00 horas, e os martes, de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30 horas. 

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925