Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Amplíase o...


Amplíase o número de prazas no obradoiro de cantos de berce que impartirá Ugía Pedreira o 29 de abril

[18-04-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, informa de que se incrementa o número de prazas no obradoiro “Nanas para acolar” que impartirá Ugia Pedreira o sábado 29 de abril na Casa da Cultura do Milladoiro. En principio esta actividade íase a desenvolver de 11:00 a 13:00 horas, pero ante a gran demanda que tivo esta actividade incrementáronse as prazas e as quendas. Deste xeito, finalmente haberá dúas quendas (unha pola mañá de 11:00 a 13:00h e outra pola tarde de 14:00 a 16:00 horas). En cada sesión poden participar 20 familias. Cómpre salientar que as prazas para a sesión da mañá xa están todas cubertas. As persoas que desexen incribirse na sesión da tarde teñen que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Este obradoiro, que se encadra dentro do programa Apego, ten como finalidade recuperar e aprender cancións de berce tradicionais e de autoría e afondar na importancia que os arrolos teñen no desenvolvemento evolutivo dos cativos e das cativas. “Nanas para acolar” está dirixido a familias con nenos e nenas de cero a tres anos e a familias que están agardando un bebé.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925