Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Aberto o prazo para...


Aberto o prazo para preinscribirse ou renovar praza nos servizos complementarios de educación e conciliación

[03-03-2017] O Concello de Ames abre o prazo para que os usuarios/as dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2017-2018 na Rede de comedores escolares e nos programas Bos días cole e Tardes divertidas. As preinscricións e renovacións de praza poderán realizarse entre o 1 e o 31 de marzo. Os interesados poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través do portal www.conciliames.org ou de xeito presencial no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na oficina municipal do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as instrucións para os procesos de renovación e preinscrición en ditos servizos.

A tramitación das preinscricións e da renovación pódese realizar a través dun servizo on line ao cal se pode acceder a través da páxina web www.conciliames.org. Tamén se pode entrar na páxina web municipal www.concellodeames.gal e premer no banner Conciliames, que está na cabeceira da web ou na marxe dereita do portal web municipal. O prazo para poder facer estas xestións estará aberto entre o 1 e o 31 de marzo. Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula de cara ao vindeiro curso.

Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que imprimir o impreso de solicitude, asinalo e presentalo no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro do departamento de Educación (no Pazo da Peregrina) ou na oficina municipal do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os usuarios/as que renoven a súa praza deberán entregar o resgardo acompañado do xustificante de pago de taxas e do mandato SEPA.

As persoas que non dispoñan de acceso a Internet, e das ferramentas informáticas necesarias para poder facer esta xestión de forma on line, terán a súa disposición ao persoal do departamento municipal de Educación. Para iso terán que chamar ao número de teléfono 981 884 991 e sacar cita previa para ser atendidos en Bertamiráns ou no Milladoiro. A continuación, deberán achegarse ata o departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou ás oficinas municipais do Milladoiro. Alí o persoal municipal realizará estes trámites por eles de forma telemática.

Prazas para o comedor do CEIP A Maía
As prazas libres que queden no comedor do CEIP A Maía (unha vez feitas todas as renovacións) serán adxudicadas ás familias que realicen a correspondente preinscrición, pero debido ás características de dito comedor e segundo se establece no regulamento publicado no BOP do 14 de xullo de 2011, haberá que realizar unha baremación das preinscrición por se hai máis solicitudes que prazas dispoñibles. Por iso neste caso, os solicitantes deberán presentar a documentación necesaria para a baremación. A información está dispoñible nos Rexistros e premendo baixo o apartado de descargas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925