Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Programación...


Programación da Aula de informática do Milladoiro para o primeiro trimestre de 2017

[09-01-2017] Dende o luns, 9 de xaneiro, está aberto o prazo para inscribirse nos novos cursos que se van a impartir na Aula de informática do Milladoiro durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Para este trimestre ofértanse unhas xornadas de iniciación á Internet, un curso de mecanografía para os rapaces e rapazas e un obradoiro para aprender a crear e usar unha conta de correo electrónico. Por outra banda a Aula de Informática do Milladoiro mantén un servizo de Aula Aberta para que todas aquelas persoas que desexen facer tarefas particulares tales como consultar o correo electrónico, facer traballos persoais, ler o xornal, pedir unha cita médica ou buscar información.

As inscricións para todos estes obradoiros xa se poden realizar dende este luns, 9 de xaneiro, na Aula de Informática que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro. As inscricións poden facerse de xeito presencial, en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00 a 20:00 horas, e os venres de 9:30 a 13:30 horas. Tamén se poden tramitar as inscricións nestas actividades de forma telemática. Para iso hai que enviar un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal axuntando o impreso de solicitude que se pode obter premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.

As prazas cubriranse por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que non participaron nas mesmas actividades en trimestres anteriores. Para inscribirse é preciso estar empadroado no Concello de Ames e para que se formen os grupos é necesario un mínimo de sete persoas inscritas. Calquera persoa que desexe máis información poderá obtela directamente na Aula de Informática, enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 981 535 940.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925